Lei de Brugmann
Aparencia
A lei de Brugmann (1876) publicada na súa obra Grundriss der indogermanischen Sprachen consigna a evolución fonética da vogal PIE *o no grupo indoiranio segundo o seguinte esquema:
PIE *o apofónico (non alternante) > [a] longo en sílaba aberta - [a] breve en sílaba pechada.
ex: PIE *gónu > grego: gonu, sánscrito: janu
- Emenda de Kleinhans - 1900 - (contestado): a lei de Brugmann non é válida para *o despois de [r], [l], [m] e [n].
- Emenda de Kuryłowicz - 1927 - : a lei de Brugmann debe aplicarse antes da caída das laringais antevocálicas.
- Emenda de Lehmann - 1952 -: a lei de Brugmann non é válida para *o despois de [r], [l], [m], [n], [i] e [y].